Ir o contido principal

Praza de Asesora xurídica de igualdade no Concello de Ferrol

As presentes bases teñen por obxecto executar a resolución da Alcaldía do 11.06.2025 pola que se resolve o procedemento de revisión de oficio e se declara a nulidade de pleno dereito da Resolución da concelleira delegada da área de Economía, Facenda e Patrimonio, Recursos Humanos, Emprego, Promoción Económica, Turismo, Estatística e Edusi de data 24 de maio 2022, pola que se aproba a oferta de emprego público correspondente ao ano 2021 para a estabilización de emprego temporal ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público (BOP nº 99 do 26/05/2022) no que respecta ao encadramento da praza de asesora xurídica de Igualdade, persoal funcionario, grupo A, subgrupo A1, escala de administración especial, subescala técnica, clase superior no ámbito da DA 6ª e, en consecuencia, no que respecta á determinación do sistema selectivo do proceso selectivo da referida praza (concurso).

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/07/30/2026_0000004930.html

Comments