Ir o contido principal

Cinco prazas para deportistas na residencia López Cuevillas

Constitúe o obxecto destas bases a convocatoria para a selección, pola Deputación Provincial de Ourense, de cinco (5) mozos/as deportistas que cursen estudos oficiais en centros educativos da provincia de Ourense e teñan a súa licenza federativa en vigor para a tempada 2026/2027 por clubs da provincia de Ourense, para seren beneficiarios de aloxamento e manutención en réxime de pensión completa na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas a cargo da administración autonómica, no curso 2026/2027.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de presentación será ata ás 23.59 horas do día 31 de agosto de 2026, dende o día seguinte ao da data de publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352077

 

Comments