Ir o contido principal
transporte escolar

O Concello de Bergondo convoca axudas de ata 600 euros para sufragar os desprazamentos por estudos no curso 2026/2027

A mocidade e o estudantado empadroados no Concello de Bergondo xa poden solicitar as axudas económicas destinadas a contribuír aos gastos de desprazamento aos centros públicos de ensino durante o curso 2026/2027.

Quen pode solicitalas?

  • Estudantes empadroados no Concello de Bergondo durante todo o curso 2026/2027.
  • Alumnado matriculado en centros públicos que curse:
    • Educación Infantil (0-5 anos).
    • Bacharelato.
    • Formación Profesional.
    • Ensinanzas de réxime especial.
    • Estudos universitarios.
    • Programas internacionais oficiais.
    • Outros estudos oficiais homologados.
  • O domicilio deberá estar situado a máis de 1 quilómetro do centro educativo.

Quen queda excluído?

  • Estudantes de Educación Primaria e ESO.
  • Persoas matriculadas en centros privados ou concertados.
  • Quen curse estudos cunha duración inferior a seis meses.
  • Persoas que xa conten cunha axuda que cubra integramente os gastos de transporte.

Contía das axudas
A convocatoria conta cun orzamento total de 15.000 euros.

As achegas máximas establécense segundo a distancia entre o domicilio e o centro de estudos:

  • Ata 40 € para desprazamentos de 1 a 3 km.
  • Ata 60 € entre 4 e 15 km.
  • Ata 80 € entre 16 e 40 km.
  • Ata 120 € entre 41 e 80 km.
  • Ata 150 € entre 81 e 170 km.
  • Ata 200 € para estudos noutras comunidades autónomas.
  • Ata 600 € para programas internacionais oficiais de duración mínima de seis meses.

As contías poderán reducirse en función do número de solicitudes presentadas.

Prazo de solicitude
O prazo permanecerá aberto ata o 9 de outubro de 2026.

 

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/05/2026_0000005096…

Comments