O Concello de Celanova convoca unha praza de xefe/a de brigada de incendios
O Concello de Celanova abre o proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/dunha xefe/a de brigada para completar dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.
Datos da convocatoria
- Entidade convocante: Concello de Celanova.
- Posto ofertado: 1 praza de xefe/a de brigada.
- Tipo de contrato: Laboral temporal a xornada completa.
- Sistema de selección: Concurso-oposición.
Presentación de solicitudes
- As solicitudes presentaranse segundo o modelo establecido nas bases da convocatoria.
- Poderán rexistrarse no Rexistro Xeral do Concello de Celanova, en horario de 9:00 a 13:00 horas, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
- Prazo de presentación: 1 día hábil, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP).
Máis información
As bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Celanova.
https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352174




Comments