Ir o contido principal
Cultura no Camiño

Cultura no Camiño

A Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición do programa Cultura no Camiño, subvencións destinadas a cofinanciar programacións culturais realizadas por entidades locais polas cales discorren os diferentes Camiños de Santiago, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais.

As programacións incluídas nesta convocatoria deberán conter, como mínimo, dúas contratacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia cun orzamento superior a 5.000 € nos concellos de menos de 20.000 habitantes e de 8.750 € nos concellos de máis de 20.000 habitantes.
As programacións serán desenvolvidas nas datas comprendidas entre o 15 de xuño ao 31 de agosto de 2025.

prazo de presentación estará aberto ata ás 14.00 horas do 14 de xullo de 2025.
As solicitudes tramitaranse na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal, co procedemento CT302B
Máis información no DOG do 12 de febreiro de 2025

As actividades susceptibles de ser contratadas estarán dispoñibles para coñecemento das persoas beneficiarias na plataforma de xestión da Agadic, www.galescena.gal 

Comments