Ir o contido principal
cole

Axudas ás familias para a escolarización dos seus fillos e fillas no curso 2026/2027 en A Laracha

Axudas económicas destinadas ás familias para facer fronte aos gastos ocasionados polo comezo do curso escolar 2026/2027 e facilitar a escolarización do alumnado pertencente a familias con menores recursos.

Persoas destinatarias:

  • Alumnado de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria e educación secundaria.
  • Alumnado de FP básica, bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior.
  • Estudantes universitarios de grao e máster en centros españois, públicos ou privados.
  • Alumnado con necesidades educativas especiais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Gastos subvencionables:

  • Libros de texto.
  • Material didáctico complementario e material específico relacionado cos estudos.
  • Roupa e material deportivo para a materia de educación física.
  • Material informático, como tabletas, ordenadores, impresoras, pantallas, auriculares e consumibles.

Número e contía das axudas:

  • 80 axudas de 165 € para educación infantil.
  • 210 axudas de 150 € para educación primaria, ESO e FP básica.
  • 50 axudas de 225 € para bacharelato e ciclos formativos de grao medio e superior.
  • 40 axudas de 400 € para estudos universitarios de grao e máster.
  • 23 axudas de 350 € para alumnado con necesidades educativas especiais ou necesidades específicas de apoio educativo.

Requisitos principais:

  • Ter empadroado no Concello de A Laracha, antes do 1 de agosto de 2025, un dos proxenitores ou titores legais e o alumnado menor de idade para o que se solicita a axuda. No caso de alumnado maior de idade, deberá estar empadroado unicamente a persoa solicitante.
  • Estar matriculado nos estudos subvencionables. Se non se cursa o curso completo, será necesario estar matriculado, como mínimo, en tres materias.
  • Pertencer a unha unidade familiar con ingresos anuais per cápita non superiores a 13.000 €.

Prazo de solicitude:
Ata as 15:00 horas do 30 de setembro de 2026.

Lugar de presentación:

  • Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), na Casa da Cultura de A Laracha.
  • Rexistro Xeral do Concello.
  • Sede electrónica do Concello de A Laracha.

Documentación:
Entre a documentación requirida figura a solicitude, DNI/NIE, libro de familia, acreditación da matrícula, documentación académica, autorización para a comprobación de datos económicos e administrativos e certificación bancaria. O alumnado con necesidades educativas especiais ou necesidades específicas de apoio educativo deberá achegar a documentación acreditativa correspondente.

Xustificación:
As persoas beneficiarias deberán presentar facturas con data comprendida entre o 1 de xuño e o 30 de novembro de 2026, por un importe igual ou superior ao da axuda concedida. O prazo para a xustificación rematará o 30 de novembro de 2026.

Financiamento:
A convocatoria conta cun crédito de 80.000 euros con cargo ao orzamento xeral do Concello para 2026.

Máis información:
Convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 152, do 12 de agosto de 2026. BDNS: 923884.

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/12/2026_0000005269…

Comments