Lugar Propio: espazo de encontro para mocidade migrante e/ou racializada na Coruña
SOS Racismo Galicia organiza Lugar Propio, un espazo de encontro dirixido a persoas migrantes e/ou racializadas e/ou fillas de migrantes, de entre 18 e 35 anos, que estean desenvolvendo algún proxecto ou iniciativa ou teñan unha idea que lles gustaría impulsar.
Perfil das persoas participantes:
- Mocidade de 18 a 35 anos.
- Persoas migrantes e/ou racializadas e/ou fillas de migrantes.
- Con algún proxecto ou iniciativa en marcha ou cunha idea que queiran desenvolver.
- Poden ser proxectos de emprendemento, pequenas marcas ou tendas, iniciativas artísticas, creativas, culturais, sociais ou comunitarias.
- Non é necesario que o proxecto estea formalizado nin nunha fase avanzada.
Obxectivos:
- Facilitar o encontro entre persoas con proxectos e intereses similares.
- Compartir experiencias, coñecementos e recursos.
- Crear redes de apoio e colaboración.
- Explorar posibles colaboracións entre os proxectos participantes.
Primeira sesión:
- 📅 Data: xoves, 10 de setembro de 2026.
- 🕕 Horario: de 18:00 a 19:30 horas.
- 💻 Modalidade: en liña.
- 💸 Participación: gratuíta.
Inscrición:
As persoas interesadas poden inscribirse a través do formulario habilitado pola organización: Formulario de inscrición
Organiza:
- SOS Racismo Galicia.
- Programa Somos Aquí.




Comments