Axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2026/2027 no Carballiño
O Concello do Carballiño convoca axudas destinadas ás familias con menor poder adquisitivo para sufragar a adquisición de libros de texto e material escolar do alumnado.
GALICIA
Obxecto:
- Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2026/2027.
- Dirixidas a familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño con menores escolarizados en centros públicos ou concertados do municipio.
Persoas beneficiarias:
- Familias nas que todos os membros da unidade de convivencia estean empadroados no Concello do Carballiño cunha antigüidade mínima de 6 meses.
- Alumnado matriculado en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos), Educación Primaria ou Educación Secundaria nun centro educativo do Concello do Carballiño.
- A renda per cápita anual da unidade de convivencia non poderá superar os 9.000 euros por membro.
- Para o cálculo da renda teranse en conta, cando proceda, os datos correspondentes ao exercicio fiscal 2025.
Contía das axudas:
- Educación Infantil: ata 120 €.
- Educación Primaria e Secundaria: ata 60 €.
Orzamento:
- Dotación total: 40.000 euros.
- As axudas serán compatibles con outras destinadas á mesma finalidade, sempre que a suma das axudas non supere o gasto total realizado.
Prazo e presentación de solicitudes:
- Prazo de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP.
- As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello do Carballiño ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- O modelo normalizado de solicitude facilitarase no propio Concello.
Máis información:
- BDNS: 924223.
- A convocatoria completa pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións.
https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352230




Comments