Ir o contido principal

O Concello de Cervo convoca diversos procesos selectivos para prazas de persoal funcionario, laboral fixo e bolsas de emprego

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP núm. 194, do 26 de agosto de 2026) publicou as bases reguladoras das convocatorias e procesos selectivos aprobados polo Concello de Cervo para a cobertura de diferentes postos de traballo na administración municipal.

A continuación resumense os aspectos clave de cada unha das convocatorias publicadas:

  • Técnico/a de Administración Xeral (Persoal Funcionario de Carreira)

     

    • Prazo e prazas: 1 praza (Subgrupo A2) por concurso-oposición libre.

    • Funcións: Tramitación e informe técnico-xurídico de expedientes complexos, asesoramento a órganos municipais, elaboración de ordenanzas e regulamentos.

    • Prazo de solicitudes: 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

 

  • Encargado/a de Información e Rexistro (Persoal Laboral Fixo)

     

    • Prazo e prazas: 1 praza (Grupo C2) mediante contrato de relevo e concurso-oposición libre.

    • Prazo de solicitudes: 20 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

 

  • Técnico/a Administrativo/a de Promoción Económica, Turismo e Redes Sociais

     

    • Prazo e prazas: 1 praza (Subgrupo C1) por concurso-oposición libre para nomeamento como persoal funcionario interino por vacante.

    • Bolsa de emprego: Inclúe a constitución dunha bolsa de emprego vinculada á praza.

    • Prazo de solicitudes: 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOE.

 

  • Bolsa de Emprego de Auxiliar Administrativo/a (Interino/a por Programa)

     

    • Obxecto: Constitución duna bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino por programa na categoría de Auxiliar Administrativo/a (Subgrupo C2) polo sistema de concurso-oposición.

    • Prazo de solicitudes: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).

 

  • Técnico/a Superior en Transformación Dixital e Intelixencia Artificial (Persoal Funcionario de Carreira)

     

    • Prazo e prazas: 1 praza (Subgrupo A1) por concurso-oposición libre.

    • Prazo de solicitudes: 20 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

 

Máis información e solicitudes:

As bases completas e os modelos de solicitude están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Cervo ([https://cervo.sedelectronica.es](https://cervo.sedelectronica.es)).

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments