Ir o contido principal
Talleres tecnolóxicos para nenas de entre 4 e 16 anos

Talleres tecnolóxicos para nenas de entre 4 e 16 anos

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación está a organizar actividades para fomentar o interese das nenas e das mozas polo mundo da tecnoloxía.

Nesta ocasión, a gran cita será o sábado 22 de marzo da man de Oracle4Girls, unha iniciativa da empresa Oracle que xa pasou por diferentes cidades de toda España e que chega agora a Vigo como unha nova oportunidade para motivar e apoderar ás novas xeracións de mozas a converterse nas líderes tecnolóxicas do mañá.

Con múltiples talleres dirixidos a nenas de entre 4 e 16 anos, as persoas interesadas poden xa inscribirse na web da escola.

Haberá diferentes actividades segundo as franxas de idade (4-6 anos, 7-9 anos, 10-13 anos e 14-16 anos). Trátase de talleres deseñados especificamente para inspirar ás mozas a explorar o seu futuro nas ciencias e a tecnoloxía, fomentando o interese polas carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e destacando as oportunidades que as agardan no sector das TIC, onde as mulleres aínda están insuficientemente representadas.

https://teleco.uvigo.es/es/novas/2025/02/rexistro-aberto-para-oracle4girls-2025-na-eet/ 

Comments