Ir o contido principal

Bolsa de emprego de técnico de informática no Concello de Carballo

As presentes bases teñen por obxecto a regulación da convocatoria e do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de agarda, pola quenda libre, para a cobertura temporal de postos de traballo de Técnico/a de Informática, da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Clase Técnico Superior, Grupo A, Subgrupo A2, nivel 26, co fin de atender as necesidades de persoal que poidan producirse no Concello mediante nomeamentos de persoal funcionario interino, de conformidade coa normativa vixente, así como para futuras e xustificadas incorporacións de persoal temporal con equivalente condición profesional á das persoas seleccionadas neste proceso selectivo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

Tal e como establece a base sexta das bases reguladoras desta convocatoria, o prazo de presentación de instancias é de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria e destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/02/2026_0000005665.html

Comments