Sandiás convoca axudas para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2026/2027
O Concello de Sandiás destina 2.000 euros a estas axudas, cunha contía máxima de 60 euros por beneficiario/a
Obxecto
O Concello de Sandiás convoca axudas destinadas a familias con alumnado matriculado no curso 2026/2027 no centro público de Sandiás, nos niveis de Educación Infantil (segunda etapa) e Educación Primaria.
As subvencións teñen como finalidade contribuír aos gastos de escolarización e favorecer a fixación de poboación no municipio.
Requisitos
As persoas solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
- O/a alumno/a deberá estar empadroado/a no Concello de Sandiás antes de finalizar o prazo de solicitudes.
- Estar matriculado/a en Infantil ou Primaria no centro público de Sandiás.
- Comunicar a percepción doutras axudas para a mesma finalidade.
- Estar ao corrente no pagamento dos tributos e taxas municipais.
- Non estar incurso/a nas prohibicións establecidas pola normativa de subvencións.
Contía
A convocatoria conta cun orzamento de 2.000 euros.
A contía máxima por beneficiario/a será de 60 euros, ata esgotar o crédito dispoñible. A axuda é compatible con outras subvencións para a mesma finalidade, sempre que non se supere o 100 % do gasto.
Documentación
As solicitudes deberán presentarse no modelo establecido e acompañarse, entre outra, da seguinte documentación:
- Certificado ou informe do centro educativo que indique o curso no que está matriculado/a o/a alumno/a.
- Certificado ou informe sobre outras axudas percibidas ou non percibidas.
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante.
- Fotocopia do libro de familia.
- Certificado de empadroamento do/a alumno/a.
Prazo e lugar de presentación
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Sandiás ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015.
O prazo será de 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
Xustificación e pagamento
O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria, unha vez aprobada definitivamente a subvención e xustificados os gastos.
Para a xustificación será necesario presentar, entre outra documentación, a factura orixinal do gasto realizado e unha declaración das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade.
O prazo máximo para xustificar a subvención será o 27 de novembro de 2026.




Comments