Ir o contido principal
material deportivo

Subvencións a Entidades deportivas para adquirir material no Concello de Moaña

As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento e os criterios de concesión das subvencións convocadas pola Concellería de Deportes do Concello de Moaña para a adquisición de equipamento deportivo realizado ao longo do ano 2026. A tramitación e resolución destas axudas axustarase aos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. Así mesmo, preténdese garantir unha asignación eficiente dos recursos públicos e favorecer a súa adecuada distribución, apoiando aquelas actuacións que complementen ou suplan as de competencia municipal no ámbito deportivo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As solicitudes presentaranse nun prazo de dez (10) días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria en forma de extracto no Boletín Oficial da Provincia por conduto da Base de Datos Nacional de Subvenciones, que publicará o texto íntegro da mesma no Sistema Nacional de Publicidade de Subvencións.

Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/09/2026066492

Comments