Ir o contido principal
Aproveita o verán con EURES 2025

Aproveita o verán con EURES 2025

A rede EURES organiza o 20 de marzo o evento en liña "Aproveita o verán", un punto de encontro entre mozos solicitantes de emprego e empregadores que buscan traballadores para a tempada de verán.

A iniciativa está dirixida á mocidade europea que quere traballar no mundo do espectáculo, a danza, a interpretación, o fitness, os deportes ou as actividades de lecer con nenos. Especialmente dirixido a persoas con  formación ou experiencia en turismo, hostalería ou restauración que buscan unha experiencia de traballo no estranxeiro.

Como solicitante de emprego, se se rexistra en liña antes do evento, poderá buscar entre os empregadores participantes e postularse para as súas vacantes. O día do evento, poderá:

- seguir as presentacións dos empregadores e comprobar o que teñen para ofrecer, así como tamén sobre como vivir e traballar no sector turístico en países europeos específicos;

- actualizarse sobre as últimas tendencias nas actividades Turísticas e as habilidades e ocupacións máis requiridas no sector;

- ser convidado a unha ou máis entrevistas en liña; 

- Obter asesoramento personalizado de EURES sobre como vivir e traballar en… Austria, Croacia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Eslovenia, España e Países Baixos.

Esta iniciativa tamén está dirixida a empregadores no sector de Turismo, Entretemento, Hostalería e/o Cátering, nun destes países: Austria, Croacia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Eslovenia, España e Países Baixos.

O evento será unha oportunidade ideal para promover as necesidades de recrutamento en toda Europa e coñecer unha ampla gama de solicitantes de emprego con diferentes habilidades lingüísticas, cualificacións e experiencia.

Máis información: Xornadas Europeas do Emprego

Comments