Ir o contido principal

Ofertas de emprego para persoas con discapacidade en Santiago, Salnés, Barbanza e Muros-Noia

Portalento publica varias ofertas de emprego dirixidas a persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % ou equivalente, en diferentes localidades da provincia da Coruña e Pontevedra.

📍 COMPOSTELA

Limpiador/a – tenda no polígono da Costa Vella, Santiago de Compostela (220966) – NOVA

  • Incorporación: 15 de setembro.
  • Xornada: 18 horas semanais.
  • Horario: de luns a sábado, de 9:30 a 12:30 h.
  • Salario: 560,98 € brutos/mes en 12 pagas.
  • Contrato: substitución por baixa por IT, cunha duración mínima prevista de 15 días.
  • Funcións: limpeza de solos mediante barredora/fregadora de pé.

Persoal de atención telefónica – Santiago de Compostela (223544)

  • Horario: quendas rotatorias de mañá, tarde e noite: 6:00–14:00, 14:00–22:00 e 22:00–6:00 h, con dous días de descanso.
  • Salario: segundo convenio de CEE, aproximadamente 20.000 € brutos anuais, máis complementos.
  • Requisitos/competencias: manexo de ferramentas ofimáticas, traballo con dobre pantalla, recepción de chamadas, atención ao cliente e capacidade para realizar varias tarefas simultaneamente.
  • Valórase: coñecemento de inglés.

Limpiador/a – Santiago de Compostela (222201)

  • Incorporación: inmediata.
  • Localización: rúa Alfredo Brañas.
  • Contrato: estable.
  • Horario: de luns a sábado, de 9:00 a 10:20 h.
  • Outras condicións: posibilidade de ampliar a xornada.

Persoal de limpeza – Santiago de Compostela e arredores (223750)

  • Localización: área de servizo en Teo.
  • Incorporación: inmediata.
  • Xornada: 19 horas semanais.
  • Horario: quendas rotatorias, de 9:00 a 12:00 ou de 15:30 a 19:30 h.
  • Salario: 700 € brutos/mes.
  • Funcións: limpeza de zonas comúns e baños, carga do lavalouzas e outras tarefas de limpeza.

Xestor/a de clientes (H/M/D) – Santiago de Compostela (223743)

  • Incorporación: 15 de setembro.
  • Horario: de luns a xoves, de 8:00 a 14:30 e de 16:00 a 18:00 h; venres, de 8:00 a 15:00 h.
  • Contrato: substitución por IT, con posibilidade de estabilidade.
  • Requisitos: carné B. Valórase dispoñer de vehículo propio.
  • Competencias: manexo de SAP.
  • Localización: traballo en oficina, con acceso ocasional ao almacén.

Operario/a de limpeza – especialista – Oroso (223963)

  • Incorporación: inmediata.
  • Contrato: 1 ano.
  • Xornada: 30 horas semanais.
  • Horario: quenda de tarde, con flexibilidade a partir das 15:00 h.
  • Salario: 995,90 € brutos/mes; 14.549,75 € brutos/ano.
  • Centros de traballo: dous centros educativos do Concello de Oroso.
  • Funcións: principalmente limpeza de cristais, ademais da limpeza xeral de aulas, zonas comúns, aseos e outras dependencias.
  • Requisitos: carné de conducir, vehículo propio, dispoñibilidade horaria e experiencia no sector.

Operario/a de manipulado – Padrón (221500)

Persoal de limpeza hospitalaria – Santiago de Compostela (222274)

Operario/a de lavandería industrial – Santiago de Compostela (221547)

As tres ofertas están dirixidas a persoas con certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou equivalente.

📍 SALNÉS

Limpiador/a – centro sanitario, Cambados (224311) – NOVA

  • Horario: sábados, domingos e festivos, de 8:00 a 9:30 e de 14:30 a 15:00 h.
  • Xornada: 4,5 horas semanais.
  • Salario: 192 € brutos/mes en 12 pagas.
  • Contrato: de fomento.
  • Requisito: certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou equivalente.

📍 BARBANZA E MUROS-NOIA

Auxiliar de conserveira – Barbanza (223487)

  • Incorporación: inmediata.
  • Xornada: completa.
  • Salario: 1.424 € brutos/mes.
  • Localidades e horarios:
    • Ribeira: 7:00–15:00 h. Sen manipulación de pesos.
    • Boiro: quendas intensivas de mañá ou tarde; selección e clasificación de marisco.
    • Muros: quendas intensivas de mañá e tarde, con rotación semanal; traballo unha fin de semana si e outra non.
    • Rianxo: 8:00–16:00 h.

Operario/a de produción – Boiro (223974)

  • Postos: 3.
  • Incorporación: inmediata.
  • Localización: polígono de Espiñeira, Boiro.
  • Salario: ata 1.650 € brutos/mes en 12 pagas.
  • Contrato: temporal, inicialmente dun mes, con posibilidade de estabilidade.
  • Horario: quendas rotatorias de mañá, tarde e noite: 7:00–15:00, 15:00–23:00 e 23:00–7:00 h.
  • Requisitos: vehículo imprescindible.
  • Funcións: manipulación de produtos en fábrica, sen manexo de pesos.
  • Características do posto: traballo de pé, con agachamentos frecuentes e ritmo constante.

Limpiador/a – zona do Barbanza (222487)

  • Incorporación: inmediata.
  • Localización: Rianxo.
  • Horario: de luns a venres, de 8:00 a 16:00 h.
  • Salario: 1.424 € brutos/mes.
  • Contrato: estable.
  • Funcións: limpeza de oficinas, vestiarios e corredores mediante fregadora industrial.

📌 Como inscribirse

Para optar ás ofertas é imprescindible:

  • Ter o DARDE e estar inscrito/a como demandante de emprego na oficina de emprego.
  • Estar inscrito/a como candidato/a en Portalento.
  • Dispoñer dun certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou equivalente, cando así se indique na oferta.

As persoas que non estean rexistradas en Portalento poden solicitar información e realizar a inscrición no teléfono 981 55 44 83.

👉 Consulta e inscrición nas ofertas: Portalento

Comments