Ir o contido principal
actividade festiva

Subvencións para actividades realizadas en tempo de festas no Concello de Ferrol

O obxecto destas bases e da súa convocatoria é a regulación do procedemento para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva e con carácter anual (exercicio 2026), ás asociacións veciñais, asociacións de festexos e entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas, para o desenvolvemento de festas patronais en barrios urbanos e parroquias, cuxo ámbito de actuación sexa o Concello de Ferrol, mediante a contratación de actuacións de música en directo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

As solicitudes irán dirixidas ao órgano competente para a concesión da subvención e presentaranse en formato electrónico a través do Rexistro electrónico da sede electrónica do Concello, no modelo que figura como anexo a estas bases, dentro do prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/14/2026_0000005904.html

Comments