Ir o contido principal
Programa "Travel Different For Future 2025"

Programa "Travel Different For Future 2025"

A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) xunto coas asociacións de albergues de Eslovenia e Portugal en coordinación con JANUN Hannover publica a convocatoria de voluntariado "Travel Different For Future 2025" para fomentar as viaxes sostibles entre a mocidade

O programa vai dirixido a mocidade entre 18 e 26 anos que queiran unirse ao equipo de voluntarios/as para aprender sobre viaxes sostibles nunha contorna internacional creativa que permita compartir estes coñecementos con outros mozos para conseguir así un efecto multiplicador. Unha vez formados, os novos novos voluntarios/as de Alemaña, Eslovenia, Portugal e España desenvolverán talleres creativos para promover viaxes sostibles entre a mocidade.

A formación será impartida nun seminario internacional do 21 de xullo ao 1 de agosto de 2025 en Portugal. Tanto a viaxe como o aloxamento e a manutención están cubertos polo programa.

O programa é GRATUÍTO, estando incluído tanto o aloxamento como a manutención e as actividades, xa que conta co financiamento da Unión Europea (Erasmus+).

Os participantes só terán que facerse cargo do transporte de ida e volta ao seminario internacional de Portugal no verán de 2025, aínda que este importe será reembolsado ao finalizar o Programa a condición de que o participante asistise e participado debidamente nas actividades. O importe máximo que pode ser reembolsado dependerá da distancia entre a súa cidade de residencia e Portugal.

Prazo de inscrición: ata o 17 de marzo de 2025.

Máis información e inscricións: REAJ_voluntariado

Comments