Ir o contido principal

Laza convoca unha praza de auxiliar administrativo/a como funcionario/a de carreira

O Concello de Laza convoca un proceso selectivo para cubrir, como funcionario/a de carreira, unha praza da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo C, subgrupo C2, incluída na Oferta de Emprego Público do Concello correspondente ao ano 2026.

Sistema de selección: oposición libre.

Praza: auxiliar administrativo/a.

Grupo: C2.

Acceso: libre.

Titulación mínima: ESO ou equivalente.

Coñecemento de galego: CELGA 3.

Taxa de inscrición: 30 euros.

Prazo de presentación: 20 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

As solicitudes deberán presentarse preferentemente a través do Rexistro Xeral Electrónico do Concello de Laza ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, situadas na rúa O Castiñeiro, nº 4, Laza, en horario de 09:00 a 14:00 horas, en días hábiles. Tamén poderán presentarse polos medios previstos na Lei 39/2015.

Documentación principal:

  • Solicitude e declaración xurada segundo o modelo establecido.
  • Copia do DNI ou documento acreditativo da nacionalidade.
  • Copia da titulación esixida.
  • Acreditación do CELGA 3, no caso de solicitar a exención da proba de galego.
  • Documentación correspondente, se se solicitan adaptacións de tempo ou medios por razón de discapacidade.

Proceso selectivo:

A fase de oposición consta de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:

  1. Proba tipo test: 40 preguntas, con catro respostas posibles, sobre o temario establecido nas bases. Duración: 60 minutos.
  2. Proba teórica escrita: cinco preguntas, cun tempo máximo de 1 hora e 45 minutos.
  3. Proba práctica: dous supostos prácticos relacionados coas funcións da praza, cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos.

Cada exercicio terá unha puntuación máxima de 6 puntos e será necesario obter polo menos 3 puntos para superalo.

A convocatoria e as bases serán publicadas no BOP de Ourense. O anuncio da convocatoria publicarase posteriormente no BOE, momento a partir do cal comezará o prazo de 20 días hábiles para presentar as solicitudes.

https://bop.depourense.es/portal/anuncio/352639

Comments