Ir o contido principal

Praza de auxiliar administrativo no Concello de Muxía

Mediante a Resolución de Alcaldía núm. 475, de data do 16 de setembro de 2026, aprobáronse a convocatoria e as bases reguladoras que rexerán o proceso de selección para a contratación laboral temporal de un/unha (1) auxiliar administrativo/a (CNO 4500).

As bases de selección están a disposición das persoas interesadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Muxía https://sede.muxia.es e na web municipal www.concellomuxia.com

Para formar parte do proceso de selección, as persoas interesadas deberán estar anotadas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, estar inscritas como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e deben ser seleccionadas previamente polo Servizo Público de Emprego de Galicia, previa oferta de emprego realizada polo Concello.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/09/22/2026_0000006063.html

Comments