Programa municipal do banco de vivenda no Concello de Vigo
O obxecto, pois, da presente liña de axuda non é outro que o de incrementar a oferta de vivenda en alugueiro, garantindo ao propietario a percepción da renda establecida e a conservación da mesma polo prazo pactado, e facilitando o acceso á vivenda de familias residentes en Vigo con rendas situadas entre 3,5 e 6,5 veces o IPREM.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.
As persoas titulares de vivendas libres e baleiras interesadas en incorporalas ao I Programa Municipal de Mobilización de Vivenda Baleira, Banco de Vivenda, deberán solicitalo presencial ou electronicamente na Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo mediante a presentación do modelo normalizado do programa correctamente cuberto xunto coa documentación requirida segundo o Anexo I destas bases.
Máis información aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/09/24/2026069209




Comments