
Unha ruta participativa para o tempo libre en Galicia
Aventeira, Cooperativa de Educación e Lecer desenvolveu o proxecto Unha ruta participativa para o tempo libre en Galicia no marco do Programa Erasmus +.
Esta iniciativa buscaba impulsar a participación activa da mocidade na vida democrática, a través da xeración dun diálogo aberto para definir as políticas públicas de educación no tempo libre en Galicia. Tratou, así, de abrir de novo espazos de debate e de achegamento no sector para poñer en común problemáticas e solucións.
Ao longo dun ano:
- Celebraron eventos con persoas mozas traballadoras e voluntarias do sector do tempo libre e actos con mocidade participante das actividades de tempo libre.
- Abriron un formulario a toda a comunidade para que, de xeito individual, cadaquén puidese expresar as súas inquedanzas, necesidades e suxestións.
- Organizaron un encontro de fin de semana onde case cen persoas puideron xuntarse, tecer rede e recoller todo o feito ata o momento, converténdoo en conclusións propositivas.
- Elaboraron unha guía de participación para que outras persoas mozas poidan replicar un proxecto coma este.
A maxia chegou da man dun círculo de persoas mozas vinculadas ao tempo libre, que constituíu o grupo promotor deste proxecto, ao que a cooperativa Aventeira deu apoio técnico e acompañamento.
De todo o proceso, as conclusións máis importantes son: https://aventeira.com/ypa-tempo-libre/unha-ruta-participativa-para-o-tempo-libre-en-galicia-infografias/
Máis información en https://aventeira.com/ypa-tempo-libre/unha-ruta-participativa-para-o-tempo-libre-en-galicia-memoria-de-resultados/
Comments