Ir o contido principal

O Incio convoca unha praza de administrativo/a ao abeiro do programa Reforzo do Emprego

Prazo de presentación: 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP de Lugo

O Concello do Incio convoca o proceso selectivo para a contratación temporal dun/ha administrativo/a, ao abeiro do programa «Reforzo do Emprego» da Deputación Provincial de Lugo (Plan Deputación 2026).

Características do posto

  • Posto: administrativo/a.
  • Tipo de contratación: persoal laboral temporal.
  • Xornada: completa (100 %).
  • Duración: 6 meses.

Presentación de solicitudes

  • Prazo: 5 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).
  • Lugar: Rexistro Xeral do Concello do Incio, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
  • As solicitudes tamén poderán presentarse a través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello do Incio ou polos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Máis información

As bases da convocatoria estarán dispoñibles na sede electrónica do Concello do Incio, no seu taboleiro de anuncios, e no taboleiro físico do Concello. Tamén poderán consultarse nas oficinas municipais durante o horario de atención ao público.

https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…

Comments