Ir o contido principal
DEPUTACION

I Edición del Premio de Pódcast "Transmitindo na Lingua Galega"

O obxecto é promover e recoñecer a creación e produción de pódcasts en lingua galega, co fin de contribuír ao fomento, á difusión e á visibilidade social e mediática do uso do galego no ámbito da creación sonora e de incentivar a calidade, a diversidade temática e a innovación das producións sonoras neste idioma.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP, e finalizará ás 14:00 horas do día 18 de decembro de 2026, tendo en conta que, tanto as solicitudes coma o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/02/2026_0000006347.html

Comments