O Concello de Triacastela convoca o proceso selectivo para a contratación de 1 tractorista dentro do programa Reforzo do Emprego 2026
O Concello de Triacastela fai pública a convocatoria e as bases específicas para a selección e posterior contratación dun traballador/a a xornada completa.
-
Posto ofertado: Tractorista.
-
Entidade convocante: Concello de Triacastela (no marco do programa Reforzo do Emprego incluído no Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2026).
-
Modalidade e duración do contrato: Contrato a xornada completa cunha duración de 11 meses (con data límite de contratación o 31/10/2027).
-
Prazo de presentación de solicitudes: 7 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP núm. 232, do 10/10/2026).
-
Lugar de presentación:
-
Presencial: Rexistro Xeral do Concello de Triacastela (de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas).
-
Telemática: Sede electrónica do Concello (triacastela.sedelectronica.gal).
-
-
Taxas: O proceso selectivo atópase exento de taxas.
-
Máis información: As bases completas da convocatoria pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello de Triacastela e na súa sede electrónica.
-
https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/…




Comments