Ir o contido principal

Praza de peón no Concello de Pontedeume

O obxecto desta convocatoria é a contratación de un (1) peón/peoa para a realización de obras e servizos municipais no Concello de Pontedeume ao abeiro do subvencións para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de Garantía Xuvenil para o ano 2026, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (BOP núm. 108, do 11 de xuño de 2026), utilizando o sistema de selección de oposición.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas na ligazón inferior.

Recibidos os currículos dos aspirantes enviados polo Servizo Público de Emprego de Galicia, polo concello realizarase o chamamento aos candidatos que consten no formulario enviado polo Servizo Público de Emprego de Galicia, mediante o teléfono ou correo electrónico, que consten no currículum remitido pola Oficina de Emprego, informándolles da súa preselección e da apertura dun prazo de CINCO DÍAS NATURAIS, contados dende o seguinte hábil a aquel no que se produza o chamamento, para a presentación de instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/13/2026_0000006426.html

Comments