Ir o contido principal

Praza de xefe de xestión tributaria no Concello de Noia

É obxecto da presente a convocatoria a regulación do procedemento de provisión temporal mediante comisión de servizos do posto de Xefe/a de Xestión Tributaria, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala de xestión, incluído na relación de postos de traballo do Concello de Noia (BOP da Coruña de 12/07/2017), o cal está actualmente vacante por ausencia efectiva da súa titular e que, polo tanto, pode proverse excepcionalmente e de maneira temporal mediante comisión de servizos voluntaria, durante un período temporal de 12 meses, prorrogable por un período máximo adicional de 12 meses, sen exceder en ningún caso o límite máximo de 2 anos desde a toma de posesión, e con cesamento anticipado no caso de que, durante a vixencia da comisión de servizos, o posto sexa provisto con carácter definitivo polo procedemento ordinario que corresponda, así como pola reincorporación efectiva da persoa titular, ao estar o posto suxeito a reserva legal.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas na web do Concello.

O prazo de presentación de solicitudes, será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de convocatoria e das bases no BOP da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/14/2026_0000006522.html

Comments