Prazas de Técnico/a de investigación na Universidade de Santiago
No «Diario Oficial de Galicia», número 30, do 13 de febreiro de 2025, publicáronse as bases da convocatoria polas que se rexerán as probas selectivas para cubrir tres prazas de persoal laboral fixo, na categoría profesional Técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, 2 prazas pola quenda de acceso libre e 1 praza pola quenda reservada a persoas con discapacidade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 25 febreiro ata o día 16 de marzo de 2025.
Máis información no BOE Núm.47 do 24 de febreiro de 2025.
Comments