
Certificados de lingua galega Celga 2, 3 e 4
A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4.
Persoas destinatarias: As persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.
Datas: As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio de 2025.
Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid.
Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código PL500C
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 28 de marzo de 2025
Máis información no DOG do 7 de marzo de 2025 e en www.lingua.gal
Comments