Ir o contido principal
premios provinciais

Premios Provinciais á Xuventude en Pontevedra

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a IX edición dos Premios Provinciais á Xuventude. 

O obxectivo destes galardóns é promover o talento da mocidade da provincia, e recoñecerán a calidade dos traballos realizados nun total de doce categorías: iniciativas xuvenís, iniciativa empresarial, educación en valores, investigación, contido audiovisual, traballo musical, traballo literario breve, banda deseñada, fotografía orixinal, deseño e moda, reacción polo clima e iniciativas xuvenís dos concellos.

Estes premios anuais están dirixidos, principalmente, a mozas e mozos de entre 15 e 35 anos.

Nalgunhas categorías tamén están dirixidos a asociacións xuvenís e estudantís (categoría 1, iniciativas xuvenís), a persoas xurídicas con sede na provincia (categoría 2, iniciativa empresarial), a centros educativos con alumnado de entre 12 e 18 anos (categorías 3, educación en valores, e 11, reacción polo clima) e a concellos da provincia que desenvolvan iniciativas dirixidas á mocidade (categoría 12, iniciativas xuvenís dos concellos).

Premios

1. Iniciativas xuvenís: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

2. Iniciativa empresarial: 
• Primeiro premio: 2.000 euros
• Segundo premio: 1.250 euros
• Terceiro premio: 750 euros

3. Educación en valores: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros
Nesta categoría o importe do premio deberá destinarse na súa totalidade á adquisición de material, a saídas educativas, a proxectos escolares, a bolsas para o alumnado ou a calquera outra actividade que teña relación directa coa programación do centro.

4. Investigación: 
4.1. Ciencias, arquitectura e enxeñería:
• Primeiro premio: 2.000 euros
• Segundo premio: 1.250 euros
• Terceiro premio: 750 euros

4.2. Artes, humanidades e ciencias sociais e xurídicas:
• Primeiro premio: 2.000 euros
• Segundo premio: 1.250 euros
• Terceiro premio: 750 euros

5. Contido audiovisual: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

6. Traballo musical: 
6.1. Música clásica: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

6.2. Outros xéneros: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

7. Traballo literario breve: 
7.1 Narrativa: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

7.2 Poesía: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

8. Banda deseñada:
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

9. Fotografía orixinal: 
9.1 Serie fotográfica:
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

9.2 Fotografía: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

10. Deseño e moda: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

11. Reacción polo clima: 
• Primeiro premio: 1.000 euros
• Segundo premio: 600 euros
• Terceiro premio: 400 euros

12. Iniciativas xuvenís dos concellos
Nesta categoría premiarase a mellor iniciativa dirixida á mocidade cunha distinción en formato diploma

As persoas interesadas en participar preinscribiranse, preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)
Co fin de garantir o anonimato das persoas interesadas nas categorías nas que así se esixe, os proxectos presentaranse nunha fase posterior á de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 19 de maio de 2025.

Máis información: https://www.depo.gal/-/premios-provinciais-a-xuventude

Comments