
Bolsas no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial
O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial "Esteban Terradas" convoca 24 bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico en materias e proxectos propios do Instituto.
Requisitos:
Título oficial de formación profesional de grao superior ou título universitario oficial de grao, sempre que terminasen os seus estudos nos catro anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
A contía individual da bolsa será de 15.120 € anuais para as bolsas dirixidas a graduados/as, licenciados/as ou enxeñeiros/as e de 11.340 € para as bolsas dirixidas a titulados en formación profesional de grao superior.
Os importes abonaranse por mensualidades, a razón de 1.260 € e de 945 € brutos mensuais respectivamente.
A duación das bolsas será de 2 anos, prorrogables por un ano máis.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de abril de 2025
Máis información no BOE do 26 de marzo de 2025 e en http://inta.es/INTA/es/bolsa-de-empleo/becas/
Comments