Ir o contido principal
cooperativismo

Charla "E ti, coñeces a fórmula?"- Pontevedra

EspazoCoop organiza en Pontevedra a charla "E ti, coñeces a fórmula?" co obxectivo de dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
Data: 7 de abril
Horario: de 9:30 a 12:00
Modalidade: Presencial
Lugar: Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Galicia, Pontevedra
Programa e contidos:
- Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
- A cooperativa dentro da economía social.
- Os principios e valores cooperativos.
- Tipos de cooperativas.
- Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en emprendemento cooperativo.
Destinatarios/as:
Persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación.

Máis información: Rede Eusumo   https://www.eusumo.gal/sesion-divulgativa-e-ti-coneces-formula-pontevedra
contacta a través de patane@espazo.coop ou do teléfono 697 87 77 73

Comments