
Axudas a Anpas
A Xunta de Galicia convoca axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.
As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado.
Requisitos
Poderán solicitar estas axudas as federacións e confederacións de nais e pais do alumnado, así como as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial que estean inscritas no censo da Consellería de Educación.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2025
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED507A
Máis información no DOG do 28 de marzo de 2025 e en www.edu.xunta.es
Comments