Ir o contido principal
CURVIOCULTUSC25

X Curso de Primavera da USC "A violencia na cultura e na historia"

O Curso de Primavera da USC preséntase como un foro para a análise e o debate organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural e orientado a complementar a formación humanística do alumnado da Universidade de Santiago de Compostela, pero tamén pensado como espazo de encontro para o resto da sociedade.
 
Na súa 10ª edición, afondará no estudo da violencia na cultura e na historia a traverso de diferentes relatorios e actividades que se desenvolverán do 22 ao 25 de abril no salón de actos da Facultade de Humanidades.

O profesor da USC Antón Losada abrirá o 22 de abril esta décima edición do Curso de Primavera da USC cun relatorio que se desenvolverá baixo o título "A violencia como cortada política" e outro profesor da USC, Claudio Rodríguez, poralle o punto final o día 25 co recital poético "Poesía contra violencia".

Entremedias citaranse preto de 30 relatores/as, que abordarán cuestións como os novos movementos sociais de protesta, o renacer de forzas políticas extremistas, violentas por definición, o problema da violencia de xénero na sociedade actual, a non-violencia, as pegadas da violencia no cinema, no arte, no discurso e na escrita, o xenocidio, a violencia en Galicia en perspectiva histórica, etc.

Créditos concedidos:
- 1 crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC.
- 1 crédito ECTS para todas as titulacións.

Solicitar:
- Homologación para o profesorado do ensino primario e secundario.

Expediranse diplomas de asistencia e aproveitamento.

Máis información:
www.usc.gal

 

 

Comments