Ir o contido principal
CURPRIMTRADUSC25

Curso «A voltas coa tradición» do Lugo Cultural

O curso de primavera deste ano é un espazo para compartir e andar ‘A voltas coa tradición’, partindo da idea de acompañar a iniciativa de homenaxear ás cantareiras e pandeireteiras, sumando diferentes perspectivas e relatos sobre como se tratou, que se está a facer e que outros camiños se nos abren arredor da tradición e a súa xestión.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se desenvolverá do 24 ao 26 de abril, poden formalizar a súa inscrición de balde ata o 22 de abril.

Todas as actividades son de balde.

Para ir á actividade ‘Pola vila pola Terra” non fai falta inscribirse, para o resto de actividades hai que inscribirse, ata o 22 de abril, a través do seguinte  formulario.

Máis información:
982821513
cultura.lugo@usc.es

 

Comments