Renuncia de praza:
Unha vez formalizada a inscrición nun campo de voluntariado, se por algún motivo non suxeito á devolución da cota, xurdira un imprevisto que impida participar no campo, solicitamos que se comunique a renuncia á praza o máis axiña posible para liberala e facilitar así a participación doutra persoa voluntaria.
O correo electrónico para comunicar a renuncia é o mesmo que para a remisión da documentación:
- Para campos no estranxeiro e noutras CCAA: camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal
- Para campos da provincia da Coruña: camposcoruna.xuventude@xunta.gal
- Para campos da provincia de Lugo: camposlugo.xuventude@xunta.gal
- Para campos da provincia de Ourense: camposourense.xuventude@xunta.gal
- Para campos da provincia de Pontevedra: campospontevedra.xuventude@xunta.gal
Nel indícanos o teu NIF máis o codigo ou o nome do campo de voluntariado ao que renuncias.
No caso de que a renuncia estea motivada nalgunha das causas que dan dereito á devolución, pode comunicarse a renuncia e solicitar a devolución mediante este formulario, que se deberá remitir a un dos correos electrónicos antes indicado que corresponda.