
Premio de Teatro para Autores/as Noveis "Calderón de la Barca"
O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música convoca o Premio de Teatro para Autores/as Noveis "Calderón de la Barca".
O premio ten como finalidade recoñecer o mérito na creación dramatúrxica mediante a distinción da obra teatral dun/ha autor/a novel.
Participantes
Autores/as noveis de teatro, españois e nacionais e doutros Estados da Unión Europea. Enténdese por autor/a novel aquela persoa que aínda non estrease de forma pública máis dunha obra en circuítos de exhibición con rendementos de despacho de billetes. Quedan excluídas deste cómputo as pezas de teatro breve.
As persoas solicitantes deberán presentar obras teatrais de tema orixinal cuxa duración sexa a normal dun espectáculo dramático completo, non admitíndose pezas de teatro breve nin adaptacións. As obras poderán estar escritas en calquera das linguas oficiais de España.
A dotación económica do premio é de 10.000 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2025.
Máis información no BOE do 10 de abril de 2025
Comments