
Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea
O Centro Galego de Arte Contemporánea convoca o VIII Premio CGAC de investigación e ensaio sobre arte contemporánea para o ano 2025 que ten por obxecto contribuír á investigación e produción de pensamento en arte contemporánea, a través da presentación de traballos que sexan inéditos e redactados en lingua galega.
Requisitos de participación
Poderá optar a este premio calquera persoa maior de idade, que presente textos inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, en relación con labores de investigación e produción de pensamento en arte contemporánea.
Os textos que se presenten serán de tema libre, sobre aspectos da arte contemporánea, terán un carácter divulgativo e, na medida do posible, evitarase a utilización dunha linguaxe e dunha estrutura excesivamente académica. A extensión dos orixinais, que non poderán conter ilustracións, abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres, incluídos os espazos. Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema. Non deberá figurar ningún dato que poida identificar a persoa participante e, polo tanto, que rompa o anonimato.
Haberá un único premio de 3.000 €
O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 1 de setembro de 2025
Poden presentarse a través de https://sede.xunta.es co procedemento CT143A.
Máis información no DOG do 16 de abril de 2025 e en http://cgac.xunta.gal/
Comments