Ir o contido principal
enregueifate

Regueifas premiadas en Enregueifate 2025

Xa hai gañadoras da edición 2025 de Enreguéifate, que reivindica a través de contidos audiovisuais a arte da improvisación oral galega. A oitava edición do certame impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo bateu récord de participación, cun cento de vídeos recibidos.
En concreto, o Enreguéifate 2025 pechou inscricións cun total de 96 vídeos recibidos de participantes procedentes de máis dunha vintena de concellos galegos. 

Gala Enreguéifate – Regueibertso
O 19 de maio, ás 11:30 horas, terá lugar a entrega de premios nunha gala no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O evento será ademais unha celebración conxunta co Regueibertso, un programa apoiado pola Deputación da Coruña que procura a sensibilización lingüística e a difusión da regueifa e o bertsolarismo entre a xente nova. Xurdido en 2016 dentro do Proxecto Regueifesta, colectivo educativo da Asociación ORAL, o Regueibertso consiste nun intercambio entre alumnado improvisador de Galicia e do País Vasco. 

https://enregueifate.gal/edicion-2025-ganadores/

Comments