
Concurso “RAP conCIENCIA”!
O Instituto de Química Física Blas Cabrera do CSIC convoca a 5ª edición do Concurso “RAP conCIENCIA”!
Se tes entre 11 e 18 anos (ou ata 21 anos se pertences a un CEE, e sen límite de idade en CEPA), este é o teu momento para brillar.
Crea un RAP único que nos conte a fascinante historia de como as especies cambiaron e adaptáronse ao longo do tempo. A túa creatividade pode axudarnos a viaxar no tempo para entender mellor a nosa orixe e a conexión con todo o que nos rodea!
Por que participar?
Esta iniciativa combina ciencia, música e creatividade, converténdose nunha experiencia multidisciplinaria que che permitirá expresarche ao máximo. Ademais:
As túas ideas poden facerse escoitar: Os tres proxectos finalistas gravarán unha canción cos raperos De Lastra, Arché e Grey, e protagonizarán un videoclip.
Forma parte de algo grande: As túas palabras poderían inspirar a outros mozos e mozas e achegar a ciencia dunha maneira divertida e única.
É moi fácil participar!
Consulta as bases completas aquí e asegúrate de cumprir con todos os requisitos.
Escucha e descarga a base instrumental, ou solicítaa ao correo rapconciencia@iqf.csic.es.
Envía a túa letra e gravación antes do 15 de maio de 2025.
https://www.iqf.csic.es/es/ciencia-sociedad/ciencia-escuela/rap-concien…
Comments