Anexos. Fase de solicitude
Prazas ofertadas
- Anexo I-A. Campamentos en Galicia
- Anexo I-B. Minicampamentos Coñece Galicia
- Anexo I-C. Prazas reservadas para inclusión
- Anexo I-D. Intercambios noutras Comunidades Autónomas
Formularios de solicitude
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.
Código do procedemento para o buscador da Sede: ANEXO II - CÓDIGO BS303A
Anexos. Fase de adxudicación
Ten ata o día 25 de maio para presentar electronicamente esta documentación:
- Xustificante de pagamento emitido pola Axencia Tributaria de Galicia.
- Fotocopia do certificado de nacemento ou do libro de familia. En caso de separación ou divorcio das persoas proxenitoras, copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do/da menor.
- Fotocopia da documentación xudicial ou administrativa en que se designe a persoa titora ou gardadora do/da menor.
- Fotocopia da resolución de acollemento familiar.
- Fotocopia do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental cando fose expedido por outra comunidade autónoma.
- Fotocopia do título de familia numerosa cando fose expedido por outra comunidade autónoma.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.
- Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar (anexo III).
As persoas con discapacidade deberán facilitar neste documento a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, de ser o caso.
Se a persoa participante sofre algún proceso alérxico ou intolerancia alimentaria debe achegarse o informe médico xustificativo.
- Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo IV), que pode descargarse na Sede
Electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/presenta/anonimo-documento/1648189
- No caso de participante con discapacidade, ademais, deberá presentar o certificado acreditativo do grao de discapacidade cando non fose expedido na nosa comunidade autónoma ou non autorizase a súa consulta, e a copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
No caso de opoñerse á consulta no formulario de solicitude, deberá presentar electronicamente, ademais, a seguinte documentación, segundo lle sexa de aplicación:
- DNI/NIE da persoa solicitante (menor).
- DNI/NIE da persoa representante (persoa proxenitora, titora ou acolledora).
- Datos da residencia con data da última variación do padrón da persoa solicitante.
- Título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
- Certificado de familia monoparental expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
- Carné Xove do/a menor.
INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O PAGAMENTO
DESCONTOS:
-No caso de familia numerosa, monoparental ou familia acolledora, terá un desconto do 50% sobre o prezo. Como xustificante deberá achegar fotocopia do título de familia numerosa, do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental ou da resolución de acollemento familiar expedido por outra comunidade autónoma ou se se opuxo á súa consulta no formulario de solicitude no caso de que fora expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
-No caso de ser titular do Carné xove, terá un desconto do 25% sobre o prezo. Como xustificante deberá achegar a fotocopia do carné xove se se opuxo á súa consulta no formulario de solicitude.
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
A documentación debe presentarse a través da sede electrónica (sede.xunta.gal) accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada:
Deberá acceder ao seu expediente e elixir a acción: Documentación complementaria para a adxudicación.
UNIDADES DE DESTINO ás que debe dirixir a documentación:
Campamentos e minicampamentos en Galicia: ao departamento territorial da provincia á que corresponde o campamento ou minicampamento do que se resultou adxudicatario/a (Servizo de Xuventude e Voluntariado).
Campamentos noutras CC.AA.: á Dirección Xeral de Xuventude.
OUTROS MODELOS DE DOCUMENTACIÓN que, de darse o caso, deberá presentarse:
- Renuncia á praza e/ou solicitude de devolución de cota (anexo V - Galego | Castelán), que pode descargarse na sede electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/presenta/anonimo-documento/1648193
- Autorización para a recollida.
