Pasar al contenido principal
 

Anexos. Fase de solicitude

Prazas ofertadas

Formularios de solicitude

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.

Código do procedemento para o buscador da Sede: ANEXO II - CÓDIGO BS303A

Anexos. Fase de adxudicación

Ten ata o día 10 de xuño para presentar electronicamente esta documentación:

  • Xustificación de pagamento.
  • Fotocopia do certificado de nacemento ou do libro de familia.
  • Resolución xudicial en que se designe o/a titor/a da persoa solicitante.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria ou seguro médico privado.
  • Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar (anexo III).

As persoas con discapacidade deberán facilitar neste documento a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, de ser o caso.

Se a persoa participante sofre algún proceso alérxico ou intolerancia alimentaria debe achegarse o informe médico xustificativo.

  • Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo IV).
  • No caso de participante con discapacidade, ademais, deberá presentar o certificado acreditativo do grao de discapacidade cando non fose expedido na nosa comunidade autónoma ou non autorizase a súa consulta, e a copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.

No caso de opoñerse á consulta no formulario de solicitude, deberá presentar electronicamente, ademais, a seguinte documentación, segundo lle sexa de aplicación:

  • DNI/NIE da persoa solicitante (menor).
  • DNI/NIE da persoa representante (persoa proxenitora, titora ou acolledora).
  • Datos da residencia con data da última variación do padrón da persoa solicitante.
  • Título de familia numerosa.
  • Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental.
  • Resolución de acollemento familiar.
  • Carné Xove do/a menor.

INSTRUCIÓNS PARA REALIZAR O PAGAMENTO

Instrucións

Información sobre os prezos

DESCONTOS:

-No caso de familia numerosa, monoparental ou familia acolledora, terá un desconto do 50% sobre o prezo. Como xustificante deberá achegar fotocopia do título de familia numerosa, do certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental ou da resolución de acollemento familiar se se opuxo á súa consulta no formulario de solicitude.

-No caso de ser titular do Carné xove, terá un desconto do 25% sobre o prezo. Como xustificante deberá achegar a fotocopia do carné se se opuxo á súa consulta no formulario de solicitude.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

Guía para a presentación da documentación aquí

Declaración sobre a autorización para a captación de imaxes (anexo IV).

A documentación debe presentarse a través da sede electrónica (sede.xunta.gal) accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada:

Deberá acceder ao seu expediente e elixir a acción: Documentación complementaria para a adxudicación.

UNIDADES DE DESTINO ás que debe dirixir a documentación:

Campamentos e minicampamentos en Galicia: ao departamento territorial da provincia á que corresponde o campamento do que se resultou adxudicatario/a.

Campamentos noutras CC.AA.: á Dirección Xeral de Xuventude.

Información importante. Galego I Castelán

OUTROS MODELOS DE DOCUMENTACIÓN que, de darse o caso, deberá presentarse:

Renuncia á praza e/ou solicitude de devolución de cota (anexo V), dispoñible na sede electrónica.

Autorización para a recollida. Galego I Castelán