Ir o contido principal
 

Interrupción do embarazo, antes das 24 semanas de xestación. Pode ser espontáneo, debido a unha causa concreta, coñecida ou non, ou pode ser provocado (interrupción voluntaria do embarazo: IVE)

Lexislación sobre interrupción voluntaria do embarazo (IVE):

https://www.sergas.es/Saude-publica/IVE-Interrupcións-Voluntarias-do-Embarazo?idioma=ga

A lei deixa un prazo de 14 semanas no que se garante a libre decisión e informada sobre a interrupción do embarazo.

A partir desta data, tres supostos que poden ampliar o prazo para abortar ata a sema 22 de xestación por causas médicas, sempre e cando concorran algunhas das seguintes circunstancias:

Que exista grave risco para a vida ou saúde da persoa embarazada.

Que exista risco de graves anomalías no feto.

Que exista presenza de anomalías fetais incompatibles coa vida, ou cando se detecte no feto unha enfermidade extremadamente grave e incurable no momento da diagnose.

Condicións do IVE

A petición da persoa maior de idade:

Poderá interromperse o embarazo dentro das primeiras 14 semanas de xestación a petición da persoa embarazada, sempre que concorran os requisitos seguintes:

1. Que se teña informado á persoa embarazada sobre os dereitos, prestacións e axudas de apoio á maternidade.

2. Que teña transcorrido un prazo de ao menos 3 días, dende la información arriba mencionada y la realización de la intervención.

A petición dunha persoa menor de idade (incluídos os 16 e os 17 anos):

Dende setembro do 2015 modificouse a lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, e a partir de agora, as persoas menores de 16 e 17 anos necesitan obrigatoriamente e sen excepción, o consentimento do/a representante legal para interromper de forma voluntaria o seu embarazo e no caso de existir discrepancia coas persoas titoras, será un/unha xuíz quen medie.

A toda persoa que queira realizar unha IVE entregaráselle:

As axudas públicas dispoñibles para as persoas embarazadas e a cobertura durante o embarazo e parto.

Os dereitos laborais vencellados ao embarazo e maternidade.

Datos sobre os centros dispoñibles para recibir información adecuada sobre anticoncepción e sexo seguro.

Datos sobre os centros nos que a persoa poda recibir voluntariamente asesoramento antes e despois da interrupción do embarazo.

En Galicia para realizar un IVE é preciso:

Ter a tarxeta individual sanitaria do SERGAS (Seguridade Social)

Acudir ou chamar directamente para pedir cita á matrona ou xinecólogo/a manifestando a súa intención do IVE, ben no centro de saúde habitual, ben no Centro de Planificación Familiar (COF:https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Documents/927/COFcastellano.pdf ).

Acudir ao Centro Quérote+ más preto para recibir asesoramento e concertar cita no COF correspondente.

Se non se ten a Seguridade Social- SERGAS e se ten un seguro médico privado:

Consultar co seguro médico se o servizo está incluído na póliza

Se se desexa ir directamente a un Centro Privado (abonando o custe):

As persoas embarazadas tamén poden decidir acudir de xeito privado dentro do período establecido pola lei (nas primeiras 14 semanas de embarazo). Neste caso, acudirán directamente a calquera dos centros acreditados http://www.sogac.org/ES/index_htm_files/Centros_de_Orientacion_Familiar_para_IVE.pdf e pagarán o custo da intervención.

No caso de ser menor de idade, obrigatoriamente e en calquera circunstancia, é necesario presentar o consentimento do/a representante legal para poder interromper de forma voluntaria o embarazo. Exactamente igual que pola Seguridade Social (SERGAS).