Hai ETS que son frecuentes noutras latitudes, que só vemos aquí por transmisión nas viaxes ou na poboación procedente de países tropicais e subtropicais. Son o chancroide (Haemophilus ducreyi) e o granuloma inguinal (Calymmatobacterium granulomatis).
A vaxinose bacteriana é un proceso moi frecuente, causado por un desequilibrio entre as bacterias do ecosistema vaxinal, nas que se observa a ausencia das normalmente predominantes (Lactobacillus acidófilus), e a proliferación doutras, habitualmente minoritarias, que as substitúen: gardnerella, mobiluncus, prevotella e outras.
- O síntoma principal é unha leucorrea (exceso de fluxo branco-agrisado) que pode cheirar "a peixe", sobre todo tras a menstruación e o coito. Algunhas veces, a cor do fluxo é amarela.
- Non hai acordo sobre se é unha ETS ou non, pero está comprobado que é máis frecuente entre as mulleres sexualmente activas.
Hai infecciós do aparato dixestivo poden contaxiarse nas prácticas buco-anais, polo contacto coas secreccións contaminadas: bacterias como Salmonella (salmonelose); Campylobacter (gastroenterite); Shigella (shigelose); Streptococcus B (infeccións no parto); Cryptosporidium (gastroenterite).
