Skip to main content
residencias politica social

Prazas nas Residencias de Tempo Libre en Panxón e Carballiño

A Consellería de Política Social convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos para o ano 2025 nas residencias de tempo libre de Panxón e do Carballiño, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social e Igualdade. O código deste procedemento de adxudicación é o BS419A.

Poderán ser beneficiarias todas as persoas integrantes dunha unidade familiar que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e galegas residentes no exterior.

Non se valorarán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das dúas convocatorias anteriores, salvo que existan prazas vacantes na quenda solicitada.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formular normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  

Prazo de presentación de solicitudes: do 8 ao 21 de maio de 2025.

Máis información: DOG de 07/05/2025
 

Comments