Skip to main content
COVETH25

Concurso Versiona Thyssen XXII

A Fundación Colección Thyssen-Bornemisza, coa colaboración da Comunidade de Madrid e Las Rozas Village, convoca un concurso dirixido a mozos/as creadores co obxecto de que estes reinterpreten libremente obras pertencentes á Colección Permanente do Museo Nacional Thyssen Bornemisza.

Requisitos:
-Poderán participar cos seus traballos acodes de 16 a 35 anos, de calquera nacionalidade e desde calquera país, sen maior requisito que a achega dunha obra propia, garantindo que non vulnera dereitos de terceiros e sobre a que dispón de todos os dereitos para a súa cesión
-Admitiranse traballos realizados por máis dunha persoa (conxuntos ou colectivos artísticos), nese caso o premio será compartido entre os membros dese grupo.
-Permítese a presentación dunha obra que versione distintas obras escollidas para a convocatoria 2025 do concurso, como a presentación de máis dunha obra por artista.
-A obra presentada deberá realizarse mediante unha das seguintes técnicas: Ilustración, Pintura, Fotografía, Deseño gráfico, Street art, Animación, Colaxe (sempre que as obras non sexan creadas íntegra e exclusivamente por IA xenerativa) susceptibles de ser plasmadas en formato dixital.
-As persoas menores de 18 anos poderán participar con autorización asinada polos seus pais ou titor legal para ese efecto.
-A participación farase mediante a publicación da obra a través dun perfil de Instagram público.

Dotación:
-3 primeiros premios: entrega dun Cartón VersionaThyssen con validez dun ano + 1.000 €
-3 segundos premioss: entrega dun Cartón VersionaThyssen con validez dun ano + 500 €
-4 Premios especiais dos Amigos Novos: Cartón VersionaThyssen con validez dun ano

Máis información:
Fundación Colección Thyssen-Bornemisza.
Paseo do Prado, 8 (28014 - Madrid)
Tel.: 917 911 370
correo-e: versiona@museothyssen.org
www.museothyssen.org

Comments