Skip to main content
animación lectura

Subvencións Animación á Lectura no Rural

A Secretaría de Estado de Cultura pola que se convocan subvencións para o programa de animación á lectura no mundo rural correspondentes ao ano 2025.

Finalidade:

Apoiar os programas de actividades de animación á lectura no mundo rural sufragando, por medio de transferencias de capital, os gastos de equipamento ou investimentos necesarios para a execución dos devanditos programas, de maneira que faciliten ou potencien o labor de animación á lectura.


Destinatarios.

Poden solicitar as subvencións as fundacións, asociacións e organizacións non gobernamentais (institucións sen fins de lucro) non pertencentes ao sector público, legalmente constituídas e rexistradas no rexistro público correspondente, con residencia fiscal en España, que acrediten realizar actuacións de fomento da lectura no mundo rural.

Os beneficiarios han de reunir tales requisitos na data de presentación da solicitude.

Prazo de presentación das solicitudes: do 8 ao 28 de maio de 2025.

Máis información: BOE de Mércores 7 de maio de 2025
 

Comments