Skip to main content
patrimonio inmaterial

Axudas para proxectos sobre Patrimonio Cultural Inmaterial 2025

O Ministerio de Cultura convoca axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial correspondentes ao ano 2025.

Beneficiarios.
Poderán concorrer a esta convocatoria de axudas as persoas xurídicas sen ánimo de lucro do sector público ou privado, que deberán estar legalmente constituídas á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes: concellos, deputacións, mancomunidades e outros entes locais, asociacións e institucións sen fins de lucro, universidades e entidades dependentes de comunidades autónomas.

Os solicitantes deberán acreditar a súa capacidade e adecuación para a realización da actividade para a que se solicita a axuda.

As entidades solicitantes deberán achegar como financiamento propio ao proxecto polo menos o 10% do custo total do mesmo declarado na memoria ou, no seu caso, o 10% do custo do proxecto reformulado.

As entidades que non sexan administracións públicas (entidades sen ánimo de lucro) deberán ter en conta que as cantidades recibidas en concepto de subvención quedarán sometidas ao regulado pola Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades e o Real Decreto 634/2015, do 10 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Sociedades.

Prazo de presentación de solicitudes:  desde o 30 de abril ata o 29 de maio de 2025 ás 14:00h.

Máis información:  Ministerio de Cultura
 

Comments