Skip to main content
creación literaria

Axudas á Creación literaria

O Ministerio de Cultura, convoca axudas para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, para a creación literaria de obras orixinais escritas en calquera das linguas oficiais de España, nalgunha das seguintes modalidades:

a. Narrativa.
b. Poesía e prosa poética.
c. Teatro.
d. Ensaio.
e. Literatura infantil e xuvenil:
f. Tradución.
g. Ilustración de obras clásicas ou contemporáneas de dominio público, pertencentes ao ámbito das humanidades.

Só se poderá presentar un único proxecto.

Destinatarios.
Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e agrupacións de persoas físicas que cumpran os requisitos que se indican na convocatoria.

Só poderán presentarse a estas axudas os escritores, tradutores e ilustradores que publicasen polo menos unha obra de carácter literario pertencente a calquera dos seus xéneros, como poden ser narrativa, poesía, ensaio, cómic, teatro ou literatura infantil e xuvenil), individual ou en coautoría de ata tres autores, en calquera medio escrito ou dixital.

Máis información: Ministerio de Cultura
 

Comments