4 PRAZAS nos Lectorados de Lingua Galega ano 2025
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publica as bases e a a convocatoria pública de 4 (catro) PRAZAS nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025, nas universidades que a continuación se relacionan:
Christian-Albrechts-Universität zu Kiel, Kiel, Alemaña.
Universidade do Minho, Braga, Portugal.
University of Oxford, Oxford, Reino Unido.
Uniwersytet Warszawski, Varsovia, Polonia.
Poderá solicitar calquera das prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
• Licenciatura en Filoloxía Galega.
• Licenciatura en Filoloxía Románica.
• Grao en Lingua e Literatura Galegas.
• Grao en Estudos de Galego e Español.
• Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
• Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
• Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
_ Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da Área de Humanidades ou da Área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
_ Ademais da titulación académica exixida, para poder solicitar a praza da Universidade de Varsovia (Polonia), deberá estar en posesión de estudos de posgrao (máster) en áreas afíns ás mencionadas neste artigo, sempre que teña unha especialización en galego.
_ Tamén poderán participar os lectores ou lectoras que, antes de rematar o período máximo de estadía, se visen obrigados a cesar na súa condición por causas alleas á súa vontade, sempre que esta circunstancia non derivase da resolución dun procedemento de tipo disciplinario.
_ Quedan excluídas aquelas persoas que sexan lectores ou lectoras de lingua, literatura e cultura galegas, ou que o fosen no seu momento, agás nos supostos de cobertura provisional previstos no artigo 14.
Las solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento PL500F)
Prazo de presentación das solicitudes: do 17 de maio ao 17 de xuño de 2025.
Máis información: DOG DO 17/05/2025




Comments