Boletín de Emprego e Prácticas na UE
O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación publica con periodicidade semanal o Boletín de ofertas de emprego e prácticas en institucións da UE.
O obxectivo do Boletín é fomentar a divulgación das vacantes convocadas por calquera institución, organismo ou axencia da Unión Europea, para facilitar o coñecemento e acceso ás mesmas por parte da cidadanía española.
Cada número do Boletín inclúe información xeral sobre as diferentes convocatorias (organismo ofertante, localización, categoría e grao, data límite de presentación de solicitudes).
Más información: Boletín de Emprego UE
A Unión Europea tamén ofrece múltiples posibilidades de desenvolvemento persoal e profesional nas súas distintas institucións, organismos e axencias a través de varios programas de prácticas.




Comments